O CONSELLO DA XUNTA APROBA O PROXECTO DE ACORDO POLO QUE SE DECLARA MUNICIPIO TURÍSTICO GALEGO O CONCELLO DE SOBER

  • Home
  • Novas
  • O CONSELLO DA XUNTA APROBA O PROXECTO DE ACORDO POLO QUE SE DECLARA MUNICIPIO TURÍSTICO GALEGO O CONCELLO DE SOBER
O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de acordo polo que se declara municipio 
turístico o concello de Sober, na provincia de Lugo. Galicia conta así con 43 municipios 
turísticos nas catro provincias galegas. Coa incorporación de Sober, a provincia de Lugo 
conta con 11 municipios turísticos: Ribadeo, Monforte de Lemos, Mondoñedo, 
Chantada, Viveiro, Foz, Quiroga, Samos, Lugo, Sarria e Sober. 

Desde o ano 2010 a oferta hoteleira do municipio de Sober incrementouse permitindo a 

acollida dunha afluencia de visitantes maior. Ademais, a oferta turística da zona inclúe 
35 adegas, 6 rutas de sendeirismo, as rutas dos 9 miradoiros que percorren o 
patrimonio natural do concello ademais de múltiples actividades culturais que 
incrementan a oferta complementaria para os usuarios turísticos. 

Sober conta tamén con múltiples festividades entre as que resalta a Feira do Viño de 
Amandi, con declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, para 
realizar percorridos pola zona os visitantes contan co Tren Turístico Aba Sacra e os 
catamaráns que percorren o Sil para dar a coñecer os atractivos turísticos, paisaxísticos, 
patrimoniais e enoturísticos desta zona da Ribeira Sacra. 

De igual modo, a artesanía forma parte dos atractivos turísticos do concello de Sober, 

así, a olaría de Gundivós conforma unha actividade singular de gran potencialidade e 
atractivo para os visitantes. 

Datos turísticos da Ribeira Sacra Datos turísticos da Ribeira Sacra 
A Ribeira Sacra está a experimentar unha subida constante na cifra de viaxeiros e 
pernoitas rexistradas nos establecementos hoteleiros da zona. Así, segundo os últimos 
datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estadística, os viaxeiros medraron en maio de 2014 un 25,2% a respecto de maio do ano pasado e a cifra de pernoitas 
rexistradas superou nun 31,8% as rexistradas no mesmo mes de 2013. 
 
De igual modo, a estadía media subiu un 5,3%. Os viaxeiros nacionais no mes de maio 
medraron un 39,2% a respecto dos recibidos en maio de 2013 e os viaxeiros 
estranxeiros medraron preto dun 15%.
consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober