O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA FESTA DOS REMEDIOS DE VILLAOSCURA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA FESTA DOS REMEDIOS DE VILLAOSCURA

O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas na honra a
Nosa Señora dos Remedios os días 6 e 7 de setembro en Villaoscura. A novena terá lugar o venres 29 de agosto.
 
O día 6 de setembro haberá misa solemne ás 13:30 horas e sesión vermú a cargo da Orquestra Colores, quen se encargará tamén de amenizar a verbena da noite.
 
O día 7 de setembro haberá misa solemne ás 13:30 horas e sesión vermú a cargo da Orquestra D’Noche. Tamén será esta Orquestra a que protagonice o baile da noite.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima aos veciños e veciñas a participar na celebración, así como a todos os visitantes que se atopen pola zona.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober