O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA Á VIRXE DO ROSARIO EN CANABAL

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA Á VIRXE DO ROSARIO EN CANABAL

O Concello de Sober colabora coas Festas na honra do Rosario que se van celebrar o sábado 11 e o domingo 12 de outubro en Canabal.
 
A celebración comeza o sábado ás 13.30 horas cunha misa solemne con procesión. Ás 14.30 horas haberá sesión vermú coa Orquestra Escaparate. A mesma Orquestra será a encargada de amenizar o baile de tarde-noite a partir das 20:00 horas. Tamén se contará coa actuación dun trío.
 
O domingo día 12 haberá misa solemne con procesión ás 13:30 horas. A sesión vermú e o baile da tarde correrán a cargo da Orquestra Fantasía.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas a participar na Festa, así como a todos os que se atopen de visita na localidade.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober