O CONCELLO DE SOBER EXECUTA AS OBRAS DE SANEAMENTO NA PARROQUIA DE MILLÁN

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER EXECUTA AS OBRAS DE SANEAMENTO NA PARROQUIA DE MILLÁN

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, visitou hoxe a segunda fase das obras de saneamento levadas a cabo na parroquia de Millán, que experimentan un adiantado grao de execución. A segunda fase desta actuación enmárcase nas obras pertencentes ao Plan de Obras e Servizos 2014 (POS).
 
A actuación conta cun presuposto de 31.000 euros financiado a partes iguais polo Goberno local do Concello de Sober e pola Deputación de Lugo.
 
Os traballos están sendo executados pola empresa local Excavaciones Javier.
 
As obras da primeira fase foron executadas en 2013 e contaron cun presuposto de 40.000 euros. O Concello ten previsto que a totalidade da parroquia, preto de 50 vivendas, conten con saneamento integral en 2015.
 
O rexedor subliña que o Concello cumpre así co seu compromiso de que as empresas locais realicen todas as obras “sempre que sexa legalmente posible”.  

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober