A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOBER CELEBRA ESTE MES AS ‘MERENDAS VIOLETAS’

  • Home
  • Novas
  • A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOBER CELEBRA ESTE MES AS ‘MERENDAS VIOLETAS’

A Biblioteca Municipal do Concello de Sober celebra este mes as ‘Merendas Violetas’ coas que conmemora o mes da igualdade. As actividades desenvolveranse o venres día 14, o venres día 21 e o martes día 25. As actividades enmárcanse no ciclo anual de accións que figuran no Plan para a Igualdade de Oportunidades Municipal (PIOM).
 
O venres día 14 a partir das 17:30 horas haberá unha sesión de contacontos. De seguido farase un obradoiro de cociña saudable no que os participantes elaborarán unha brocheta creativa con froitas de diversas formas.
 
O venres día 21 a actividade xirará arredor de xogos do mundo. Os nenos e nenas farán xogos tradicionais e típicos dos cincos continentes.
 
O martes día 21 a actividade trasládanse ao CEIP Virxe do Carme onde os alumnos e alumnas participarán nunha xincana para traballar a igualdade de oportunidades.
 
A través de todas estas actividades o Goberno local pretende promover e concienciar sobre a igualdade de xénero, de razas e de oportunidades entre os nenos e nenas de Sober.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober