O CONCELLO DE SOBER CONVOCA O SEU CERTAME DE BELÉNS ‘NADAL 2014’

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CONVOCA O SEU CERTAME DE BELÉNS ‘NADAL 2014’

O Goberno local do Concello de Sober vén de convocar o seu VI Certame de Beléns ‘Nadal 2014’. Os interesados en participar poden anotarse ata o vindeiro día 22 de decembro na Biblioteca Pública Municipal.
 
O certame contará con dúas categorías: unha para adultos e outra infantil, a que se poden anotar todos os nenos e nenas que o desexen.
 
O xurado cualificador fará a visita aos participantes o 23 de decembro. A entrega de premios levarase a cabo o día 9 de xaneiro.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober