O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA A SAN ANTÓN QUE SE CELEBRAN EN ANLLO SAN ESTEBAN

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA A SAN ANTÓN QUE SE CELEBRAN EN ANLLO SAN ESTEBAN

O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas na honra a San Antón que se celebran desde mañá e ata o domingo día 7 en Anllo San Esteban.
 
A celebración comeza o venres día 5 cunha pancetada de balde a partir das 20:30 horas amenizada polo dúo Camelia.
 
O sábado día 6 haberá misa solemne ás 13:15 horas e sesión vermú coa Orquestra Midas. A verbena de tarde noite tamén estará amenizada pola Orquestra Midas e o dúo Eclipse.
 
O domingo día 7 haberá de novo misa solemne ás 13:15 horas e sesión vermú co dúo Eclipse. A verbena correrá a cargo da Orquestra Sintonía de Vigo.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober