O CONCELLO DE SOBER CELEBRA O MES DAS TRADICIÓNS NAS ‘MERENDAS CON CONTOS’

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CELEBRA O MES DAS TRADICIÓNS NAS ‘MERENDAS CON CONTOS’

O Goberno local do Concello de Sober aproveitará as ‘Merendas con contos’ de novembro para celebrar o Mes das tradicións. As actividades de animación á lectura  desenvólvense os venres na Biblioteca Municipal, no Centro Sociocultural, entre as 17:30 e as 19:00 horas.
 
Mañá venres 6 de novembro os nenos e nenas merendarán castañas e achegaranse ao libro O Magosto do colectivo Ollo de Sapo (Editorial Ir Indo).
 
O venres día 13 Moncho Álvarez será o encargado de impartir o obradoiro de elaboración de roscas de Millán. Tamén se lerá O gato lambón, un conto popular da editorial Kalandraka.
 
O venres día 20 haberá un obradoiro de música a cargo de Élite DJ’s e a lectura de Nico y Ana quieren ser músicos de Juan Capdevilla, (Editorial Timun Mas).
 
O último venres de mes, o día 27, Tomás Gómez González e Otilia Arias García ofrecen un taller sobre a olería de Gundivós. Os nenos e nenas lerán ademais A olería tradicional de Gundivós. As formas.
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober