O CONCELLO DE SOBER POTENCIA O EMPREGO XUVENIL COA CONVOCATORIA DE TRES POSTOS DE TRABALLO PARA OS MESES DE VERÁN

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER POTENCIA O EMPREGO XUVENIL COA CONVOCATORIA DE TRES POSTOS DE TRABALLO PARA OS MESES DE VERÁN

O Goberno local do Concello de Sober vén de convocar a selección de persoal laboral temporal nos meses de verán coa finalidade de cubrir necesidade do servizo e potenciar o emprego xuvenil no ano 2016. Así, o Concello de Sober aprobou por Decreto de Alcaldía de data 27 de abril de 2016 as bases e a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal co obxectivo de atender servizos temporais e potenciar o emprego xuvenil para as seguintes categorías de postos de traballo:
 
–      Un auxiliar de deportes
–      Un peón de servizos múltiples
–      Un auxiliar de viticultura
 
As persoas interesadas en anotarse poden consultar as bases no taboleiro de anuncios do Concello de Sober  ou na páxina web oficial www.concellodesober.com. O prazo de presentación de instancias é de dez días hábiles a partir do día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincial de Lugo (BOP), o pasado sábado.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, avanza ademais que nos próximos días ofertaranse dúas prazas máis de socorrista para as piscinas municipais e dúas para atención da Oficina Municipal de Turismo.