O CONCELLO DE SOBER REMATA AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DE ESPAZOS URBARNOS NO LUGAR DE NAZ

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER REMATA AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DE ESPAZOS URBARNOS NO LUGAR DE NAZ

O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar con cargo á Area de Rehabilitación Integral (ARI) e co financiamento do Ministerio de Fomento e da Consellería de Infraestruturas e Vivenda as obras humanización de espazos urbanos no lugar de Naz, na parroquia de San Martiño de Anllo.
 
En concreto, a actuación permitiu adoquinar parte do solo, colocouse mobiliario urbano e luminarias de baixa contaminación e adecentouse o espazo na contorna das vivendas e da fonte. A obra está financiada nun 40% polo Ministerio e a Consellería, mentres que o 60% o achega o Concello.
 
Outras actuacións
Tamén se están a levar a cabo melloras de espazos urbanos na contorna do Cruceiro da Pena de Proendos, na contorna da capela de Mer e na Praza de Rosende. O alcalde, o popular Luis Fernández Guitián, avanza que proximamente se executarán obras de urbanización e posta en valor da Praza de Igrexa de Bolmente e do lugar de Outeiro, nas parroquias de Proendos e Arroxo.
 
O rexedor explica que son, todas elas, actuacións executadas por empresas da localidade. Fernández Guitián asegura que estas obras confirman o interese, a preocupación e a aposta do seu equipo de Goberno polo rural e pola mellora de todos os núcleos de Sober.
 
Con cargo ao ARI xa se executaron traballos similares de urbanización na Praza de Doade, na Rúa da Estación de Canabal e na Praza de Pinol. O importe total destinado a estas actuación é de preto de 200.000 euros.
 
 
 
Resumo
 


2015
Xa rematadas: Praza de Doade e Rúa da Estación de Canabal
 
2016 Xa rematadas: Praza do Campo de Pinol e Espazo de lecer en Naz.
 
 
 
2016 En obras actualmente: Praza de Rosende, contorna da Capela de Mer e contorna do cruceiro de A Pena de Proendos.
 
 
2016 Próximas a executar: Praza da Igrexa de Bolmente e Rúas do lugar de Outeiro entre as parroquias de Proendos e Arroxo.