O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA A SAN ANTONIO EN BOLMENTE

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA A SAN ANTONIO EN BOLMENTE

 
O Concello de Sober colabora coas festas na honra a San Antonio que celebrará a parroquia de Bolmente os días 17, 18 e 19 deste mes.
 
A festividade comezará o venres día 17 cunha gran pancetada amenizada polo dúo Camelia e unha sesión de fogos de artificio.
 
O sábado día 18 á unha e media do mediodía oficiarase unha misa solemne con procesión. A sesión vermú correrá a cargo da orquestra Delirio que tamén amenizará a festa da noite acompañada polo grupo Son D´Vigo. Os asistentes desfrutarán tamén dun espectáculo de fogos artificiais.
 
O domingo 19 á unha e media do mediodía oficiarase unha misa solemne con procesión que porá o fin de festa.
 
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar desta festividade, así como a todos os visitantes que se atopen na localidade eses días.