O CONCELLO DE SOBER CONTARÁ CON CINCO NOVAS ÁREAS BIOSAUDABLES E DE OCIO NO RURAL

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CONTARÁ CON CINCO NOVAS ÁREAS BIOSAUDABLES E DE OCIO NO RURAL

O Concello de Sober contará con cinco novas áreas biosaludables e de ocio no rural. Así o avanzou o rexedor soberino, Luis Fernández Guitián, quen apuntou que estes espazos se levarán a cabo grazas a unha axuda que supón un montante total de 40.000 euros que outorgou a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental.
 
Guitián precisou que os traballos de construción destes espazos iniciáronse a semana pasada. En concreto, o rexedor avanzou que se dotará dunha área biosaudable e un parque infantil no lugar da Airexa de Gundivós; un parque infantil no Campo de Anllo;  un área biosaudable no Campo de Bulso, onde tamén se ordenará o entorno do Cruceiro. 
 
Construirase tamén unha zona de ocio con aparatos biosaludables en A Carreira (na parroquia de Anllo) e tamén se habilitará un parque infantil e unha zona biosaudable en Sistindomato, na parroquia de Canabal.
 
O alcalde salientou que “unha vez mais o Goberno local demostra o seu compromiso co rural”. E engadiu que “con estes traballos dótase de infraestruturas de ocio a diferentes núcleos que servirán para mellorar medioambientalmente estes espazos e, ao mesmo tempo, melloran a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.