A directora da Escola Municipal de Teatro de Sober, Eva F. Ferreira, vén de ser escollida finalista do X Premio de Teatro radiofónico Diario Cultural, que organiza a Radio Galega, pola peza ‘O quinto inverno’.
Trátase da décima edición deste certame que pretende promover a creación cultural dun corpus dramático no formato do teatro radiofónico. Despois da súa adaptación sonora, as catro pezas finalistas poderán ser escoitadas ao longo de varias semanas nos diferentes programas da Radio Galega para que máis tarde sexan votadas e valoradas polo público. Haberá tamén un premio do xurado.
O Goberno local do Concello de Sober felicita a Ferreira e agradécelle o traballo levado a cabo na Escola Municipal de Teatro de Sober onde se fomenta “a sensibilidade artística e a afección polas artes escénicas entre os soberinos e soberinas”.
Traxectoria
Formada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e cun mestrado en Artes escénicas e visuais do Museo Reina Sofía de Madrid, Eva F.Ferreira dirixe a Escola Municipal de Teatro de Sober dende hai dous anos e tamén levou o mando da Aula de Teatro de Monforte durante catro anos. Como dramaturga ten obra publicada en diversos medios especializados e xa foi gañadora deste mesmo certame da Radio Galega no ano 2012.
O CONCELLO DE SOBER RECIBE 40 EXEMPLARES PARA O CONCURSO DO QUE SAIRÁ O CARTEL ANUNCIADOR DA XXXVII FEIRA DE AMANDI23 de Xaneiro de 2017O GOBERNO LOCAL AGRADECE O COMPROMISO CUMPRIDO POLO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN CO ARRANXO DA ESTRADA QUE COMUNICA SOBER E DOADE, NO TREITO QUE VAI DAS GÁNDARAS ATA CANTÓN28 de Xaneiro de 2017
