A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER TEN XA ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA

  • Home
  • Novas
  • A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER TEN XA ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA

A Escola Municipal de Música de Sober, dependente do Concello, ten xa aberto o seu prazo de matrícula. A presentación do curso e recollida de horarios farase o sábado día 29 de setembro ás doce do mediodía no Centro Sociocultural. As clases darán comezo o día 1 de outubro.
 
Todos os interesados en inscribirse poden obter máis información no Centro Sociocultural ou nos números 982460513 e 617551299.
 
As clases que se ofrecen son moi variadas. Entre elas, daranse ensinanzas de frauta traveseira, clarinete, saxofón, trombón, trompa, tuba, percusión, piano e guitarra. Impártense clases de linguaxe musical e música para adultos, música e movementos e grupos instrumentais. Seguen en marcha de novo o coro infantil e o coro Berea.
 
Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Sober poderán formar parte da Banda Xuvenil ou da Banda de Música Municipal.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que o obxectivo principal da Escola Municipal de Musica de Sober é “formar educandos. Os educandos son os futuros músicos que integran a Banda de Musica de Sober, a principal entidade musical da Comarca, que está a piques de cumprir 150 anos”, incide.
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober