O CICLO ‘MÚSICA NO OUTONO’ SEGUE O SÁBADO CO CONCERTO DO TRÍO ENSEMBLE NUNTEMPA

  • Home
  • Novas
  • O CICLO ‘MÚSICA NO OUTONO’ SEGUE O SÁBADO CO CONCERTO DO TRÍO ENSEMBLE NUNTEMPA

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para este sábado un concerto do trío Ensemble Nuntempa, formado por un saxofón (Cristina Arcos Cano), percusión (Pablo Treceño Salazar) e piano (Carlota Arcos Cano). A actuación, que se enmarca no ciclo ‘Música no Outono’, será ás oito da tarde no Centro Sociocultural de Sober.
 
O trío foi galardoado co 2º Premio vento-madeira 87º Concurso Permanente (Madrid, 2017).
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que con estes concertos se busca un achegamento ao público da música contemporánea novo, dunha maneira natural e dinámica, incluíndo obras a trío, a solo e outras na que se busca a sorpresa do público.  
 
Traxectoria
Ensemble está formado por tres músicos burgaleses coa inquedanza de promover a música contemporánea en España. Estudando e tocando xuntos no Conservatorio Superior de Música de Castela e León, os seus camiños separáronse ao comezar os seus respectivos másters (Polonia, Alemaña e Suíza).
 
Ao ir acabando estes estudos, a idea de regresar a España e empezar un proxecto alí deu como resultado esta formación.
 
Os seus comezos son como formación de trío pero a súa idea principal é ir elaborando programas nos que máis artes teñan cabida, como danza, teatro, pintura, etc… ao igual que incluír a electrónica como un membro máis.
 
Programa
S. Steen Andersen: Difficulties putting into practise
P. Schaeffer: Bilude
Y. Klartag: Fragments of profound boredom
T. Hosokawa: Für Walter. Arc song II
B. Hamilton: Interzones
M. Lindberg: Ablauf
A. Esperet: Ceci n'est pas une balle
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober