if ( is_preview() && 'crane_footer' === get_post_type() ) { // dummy ... } else { /** * Fires before primary menu area output */ do_action( 'crane_before_primary_menu_area' ); /** * Used for display the main menu area. */ do_action( 'crane_primary_menu_area' ); /** * Fires after primary menu area output */ do_action( 'crane_after_primary_menu_area' ); } echo ( isset( $crane_options['preloader'] ) && $crane_options['preloader'] ) ? '
' : '' ?>

O CONCELLO DE SOBER COLABORA NA RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA NA RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS

O Goberno local do Concello de Sober, en virtude dun acordo coa Consellería de Medio Ambiente, levará a cabo o 13 de novembro a recollida de plásticos agrícolas procedentes das explotación de diversos puntos do municipio. O Concello facilita este traballo, que levará a cabo a empresa xestora SIMA, con puntos de recollida cerca das propias explotacións.
 
O Concello organiza dúas recollidas anuais nos puntos de acopio habituais. A recollida, que é gratuíta para os usuarios, está prevista en Neiras, Gundivós, Proendos, Bolmente, Bulso, Pinol e Doade.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que o Concello se suman a esta iniciativa como unha forma de colaborar co medio ambiente e para darlle unha solución aos veciños e veciñas para retirar este tipo de plásticos das súas explotacións.
 
Algúns datos
A cantidade de plástico agrícola (plástico e bolsas de silo, plástico de invernadoiro) que se xera en Galicia ao longo dun ano é de aproximadamente 7.700 toneladas.
 
A práctica habitual do vertido ou da incineración de xeito incontrolado supón un problema medioambiental, que orixina un deterioro progresivo e acumulativo do contorno, tendo ademais en conta o impacto paisaxístico derivado da proliferación de puntos de abandono destes materiais.
 
Ante esta problemática, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha o Programa de Recollida de Plástico Agrícola coa que colabora o Concello de Sober co obxecto de implantar un sistema de recollida dos plásticos agrícolas, tanto de silo coma de invernadoiro, e facilitarlle ós agricultores e gandeiros a súa xestión axeitada.
 
Sistema de recollida
Os residuos acumulados deben ser exclusivamente plásticos agrícolas e estes deben estar o máis limpos posibles e atados ou recollidos de tal xeito que faciliten a súa recollida. Unha vez que o punto de acopio teña unha acumulación de plásticos superior á metade da súa capacidade o Concello ponse en contacto coa empresa de recollida para que proceda a retiralos.
 
Xestión
Os residuos plásticos lixeiros e non perigosos recollidos recíclanse mediante un proceso mecánico no que se obtén granza. A granza plástica obtida utilízase como materia prima na fabricación de novos produtos plásticos, como bolsas de lixo e tubo de polietileno.
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober