SOBER ACOLLERÁ OS DÍAS 9 E 10 DE MARZO UNHA PROBA DE RASTRO DE XABARÍN CON REHALAS

  • Home
  • Novas
  • SOBER ACOLLERÁ OS DÍAS 9 E 10 DE MARZO UNHA PROBA DE RASTRO DE XABARÍN CON REHALAS

Sober acollerá esta fin de semana unha proba de rastro de xabarín salvaxe con cans de caza de alta calidade. A actividade cinexética está organizada polo TECOR de Sober e desenvolverase os días 9 e 10 de marzo contando con participantes de toda Galicia.
 
Trátase dunha proba de caza sen morte na que cada competidor contará cun tempo determinado para seguir o rastro dos animais. Colaboran na proba o Tecor de Sober e a Federación de Caza de Lugo, así como Clínica Veterinaria Canis, contando co patrocinio do Concello de Sober e Piensos Arion.
 
Cada participantes conta con 8 cans para realizar a proba que deben seguir o rastro do xabaril ao longo de dúas horas por todo o Tecor da localidade.
 
A inscrición farase o día 9 de marzo na Bodeguilla de Marcelino ás oito da mañá. Os gañadores recibirán un premio nunha cea que terá lugar o domingo en Sober.
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober