O CONCELLO DE SOBER CAMBIARÁ 940 LUMINARIAS POR LEDS DE ÚLTIMA XERACIÓN

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER CAMBIARÁ 940 LUMINARIAS POR LEDS DE ÚLTIMA XERACIÓN

O Goberno local do Concello de Sober aprobou onte na súa sesión plenaria dous proxectos de renovación de alumeados públicos cun investimento de 375.000 euros. O IDAE do Ministerio de Industria achega o 80 por cento dos fondos.
 
Grazas a estes proxectos vanse cambiar 940 luminarias de sodio e mercurio por lámpadas LED de última xeración. Ao mesmo tempo, vanse unificar varias subministracións, o que significará preto de 20 contadores menos.
 
Estas obras permitirán, tal e como explica o alcalde, o popular Luis Fernández Guitián, “que o 100 por 100 do Concello quede renovado a LED ou aloxenuro”.
 
As obras de renovación iniciáronse con axudas do INEGA, organismo dependente da Consellería de Industria, e nos últimos anos xa se cambiaron arredor de 1.300 luminarias.
 
“Unha vez rematadas as obras a contaminación lumínica será insignificante e  o aforro enerxético moi considerable”, precisa o rexedor.
 
As obras realizaranse nas parroquias de Amandi, Doade, Lobios, Santiorxo, Brosmos, Figueiroá, Bolmente, Barantes, Liñarán, Rosende, Vilaescura e San Martiño de Anllo.
 
Plan Municipal de Defensa de Incendios Forestais
O Pleno tamén aprobou o Plan Municipal de Defensa de Incendios Forestais, sendo así dos primeiros concellos galegos en contar co documento.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober