O CONCELLO DE SOBER PROGRAMA PARA O 14 DE SETEMBRO UN CONCERTO DE DÚAS BANDAS DE MÚSICA MILITARES

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER PROGRAMA PARA O 14 DE SETEMBRO UN CONCERTO DE DÚAS BANDAS DE MÚSICA MILITARES

A Unidade de Música do Terzo Norte da Armada con sede en Ferrol e a Unidade de Música do Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa con sede na Coruña tocarán en Sober o sábado 14 de setembro.
 
O concerto destas dúas bandas de música militares está previsto para as 7 da tarde na Praza do Toural.
 
A actuación está enmarcada na programación das Festas do Carme da localidade e servirá como homenaxe á Banda de Música de Sober no seu 150 aniversario.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober