O CONCELLO DE SOBER ACOMETE A RENOVACIÓN COMPLETA DOS VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL DA CARQUEIXA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ACOMETE A RENOVACIÓN COMPLETA DOS VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL DA CARQUEIXA

O Concello de Sober acomete a renovación completa dos vestiarios do Campo de Fútbol da Carqueixa onde xoga o Club Deportivo Río Sil.
 
Cun investimento de algo máis de 30.000 euros de fondos propios o Concello de Sober está a renovar por completo os vestiarios, almacén e os aseos públicos das instalacións da Carqueixa; váteres, lavabos e duchas.
 
Os traballos, que están xa moi avanzados, suporán o cambio total da cuberta con panel sándwich, a renovación de portas e ventás, a instalación de fontanería e electricidade, albanelería e pintura.
 
O obxectivo é, segundo explica o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que o Deportivo Río Sil estree a temporada do seu ascenso a segunda autonómica coas novas instalacións rematadas.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober