AS MERENDAS CON CONTOS ENCHERÁN DE ACTIVIDADE AS TARDES DOS VENRES EN SOBER

  • Home
  • Novas
  • AS MERENDAS CON CONTOS ENCHERÁN DE ACTIVIDADE AS TARDES DOS VENRES EN SOBER

O Concello de Sober programa para as tardes dos venres numerosas actividades de animación á lectura para os nenos e nenas no marco das Merendas con Contos. As actividades desenvolveranse na Casa da Cultura de Sober a partir das 16:00 horas.
 
En outubro celebran o ‘Mes da Biblioteca’ con obradoiros na aula de informática, contacontos e lecturas.
 
A actividade comeza mañá venres cunha tarde de cine. O día 11 conmemoran o 25 aniversario da Biblioteca de Sober. O venres 18 ‘Conto para bailar mentres bailamos un valse’, de Caxoto Contacontos e o venres 25, celebración do Día da Biblioteca.
 
As lecturas do mes serán: O segredo de Cristina, de Pascual Alapont, O soño do libro, de Vicente Muñoz Puelles e Morcegos na biblioteca, de Brian Lies.
 
Desde a Biblioteca Pública Municipal de Sober animan tamén a que os adultos se acheguen á Casa da Cultura para recoller o novo carné da Rede de Bibliotecas de Galicia.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober