O CONCELLO DE SOBER ACOLLERÁ O 26 DE NOVEMBRO UNHA XORNADA DE PRESENTACIÓN E SEGUIMENTO DO PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ACOLLERÁ O 26 DE NOVEMBRO UNHA XORNADA DE PRESENTACIÓN E SEGUIMENTO DO PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da  Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, e en colaboración do Concello de Sober, levará a cabo o evento de presentación e seguimento da Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía que terá lugar o martes 26 de novembro na Casa da Cultura de Sober.
 
A xornada desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas.
 
O Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía é unha iniciativa da Comisión Europea que agrupa a miles de autoridades locais e rexionais co compromiso voluntario de aplicar nos seus territorios os obxectivos climáticos e enerxéticos da UE. Sober foi dos primeiros concellos de Galicia en sumarse.
 
A Xunta de Galicia, consciente de que esta iniciativa constitúe o mellor instrumento para implicar aos concellos de Galicia na loita fronte ao cambio climático, asume o papel de Coordinadora do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía na Comunidade Autónoma Galega.
 
O motivo da celebración do evento é o de proporcionar ao persoal técnico e político dos concellos información de interese sobre que é o Pacto dos Alcaldes, os obxectivos a acadar e os compromisos que asume cada concello coa súa adhesión. Tamén se presentarán os avances da Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento financiado pola Xunta de Galicia e coordinado dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, para asesorar aos Concellos na súa adhesión e na elaboración do seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable- PACES.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober