A empresa local Pulviplass Ibérica vén de facerlle entrega ao CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober dun lote de material hixiénico-sanitario para a dotación dunha aula de illamento ou anti-covid no centro. Víctor Fernández, responsable de Pulviplass Ibérica entregoulle o material á directora CEIP, Monserrat Rodríguez, quen agradeceu a doazón en nome da comunidade educativa.
O lote está composto por:
– 2 Botes con dosificador de xel hidroalcohólico
– 10 Batas desbotables impermeables
– 1 caixa de máscaras cirúrxicas infantís
– 1 caixa de máscaras cirúrxicas adulto
– 1 caixa de máscaras FFP2 adulto
– 2 Pantallas de protección
– 2 Pulverizadores manuais para aplicar desinfectantes
Presenza en diferentes países
A empresa con máis de cen anos de vida Pulviplass Ibérica está a enviar material a diversos países. En concreto, nos últimos meses realizaron exportacións a Perú, Guatemala, Grecia ou Portugal, entre outros. Comercializan pulverizadores e sulfatadoras, así como outros produtos para a vendima, viticultura e poda.
A firma comercializa os seus produtos baixo as marcas Floral, Pulviplass e Sober, o que leva o nome do noso Concello polo mundo enteiro.
