A UFD INVISTE MÁIS DE 226.000 EUROS PARA MELLORAR A CALIDADE DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA NO MUNICIPIO DE SOBER

  • Home
  • Novas
  • A UFD INVISTE MÁIS DE 226.000 EUROS PARA MELLORAR A CALIDADE DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA NO MUNICIPIO DE SOBER

UFD, a empresa de distribución eléctrica de Naturgy, investiu máis de 226.000 euros en actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas en media e baixa tensión no municipio de Sober (Lugo).
 
En concreto, a compañía finalizou recentemente os traballos de construción dunha nova liña de media tensión aérea de preto de 800 metros entre Cimadevila e  Bolmente e puxo en servizo un novo centro de transformación cunha potencia de 100  kVA/20  kV e equipado con tecnoloxía de  telexestión.
 
Así mesmo,  UFD reformou a rede de baixa tensión nos lugares de  Suairexa, Santa Marta, Cimadevila, O Pacio, O Taro e Casanova, substituíndo 2.616 metros de liña aérea e soterrando 700 metros de liña subterránea na contorna da igrexa de Suairexa.
 
A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo ao desenvolvemento económico destes territorios e a mellora das súas condicións de vida.   
 
Presenza de  UFD en Lugo e en Galicia
UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia de Lugo máis de 7.400 quilómetros de rede de baixa e media tensión, preto de 2.500 centros de transformación e dá servizo a máis de 87.000 puntos de subministración.
 
En Galicia, a distribuidora eléctrica de Naturgy dá servizo a máis de 1,5 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias a través dunha rede de case 60.000 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión.
     
UFD fixo un importe esforzo nos últimos anos en innovación e aplicación de novas tecnoloxías para avanzar na  telemedida e  telexestión dos puntos de subministración, no  telecontrol e  sensorización das redes, así como no  robustecemento das infraestruturas e integración das redes de comunicación e sistemas de información coa rede convencional para optimizar a súa explotación.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober