O CONCELLO DE SOBER FAI UN CHAMAMENTO Á RESPONSABILIDADE NO CONSUMO DE AUGA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER FAI UN CHAMAMENTO Á RESPONSABILIDADE NO CONSUMO DE AUGA

O Concello de Sober fai un chamamento á responsabilidade no consumo de auga ante a seca que está a afectar a todo o país e ante o mal uso que algúns están a facer da rede pública.
 
O Concello de Sober conta con traída municipal en preto de 800 vivendas do municipio. Ao mesmo tempo conta con caudalímetros por zonas e nos últimos días téñense detectado consumos moi elevados en determinadas franxas horarias, que se corresponden co horario habitual de rego.
 
Tamén se detectaron usos de rego con programador.
 
O Goberno local apela á responsabilidade de todos os veciños e veciñas e vai proceder a un varrido por zonas para detectar enganches ilegais á rede e usuarios que reguen con auga da traída. De detectar prácticas prohibidas ou abusivas tramitaranse as correspondentes sancións.
 
O Concello de Sober recorda que está totalmente prohibido usar a auga da traída para regar, lavar vehículos ou encher piscinas. O seu uso debe ser en exclusiva para consumo doméstico.
 
O Concello está agora mesmo facilitando cisternas de auga a varios pobos que non contan con traída municipal senón con traídas veciñais nas que escasea o subministro. “Mentres uns teñen problemas outros malgastan a auga con regos descontrolados ou enganches ilegais o que é ilóxico”, resume o rexedor, Luis Fernández Guitián.
 
O alcalde aclara que non hai problemas no subministro municipal pero o consumo de enerxía e cloro é moi elevado, polo que se prega responsabilidade.
 
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober