O CONCELLO DE SOBER REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA MELLORA CONTINUA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA MELLORA CONTINUA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a concelleira Raquel Arias mantiveron unha xuntanza de traballo coa ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme na que fixeron balance dos investimentos levados a cabo no centro e das obras previstas para o ano que vén de comezar.
 
Grazas á axuda da Xunta de Galicia, entre os anos 2009 e 2022, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober recibiu un investimento de máis de 530.000 euros destinado a melloras de gran calado, como o sistema de calefacción, o arranxo da instalación eléctrica, acceso e reformas en diferentes instalacións, obras no polideportivo, creación dun parque infantil, a ampliación do comedor e o almacén, a reforma do salón de actos e melloras na eficiencia enerxética, entre outras.
 
De cara a este ano que vén de comezar, está previsto acometer novas obras de mellora e acondicionamento, entre elas a reforma da cuberta do ximnasio e as baixantes e canalóns de todo o edificio.
 
O Colexio participa nunha serie de proxectos, cos que colabora tamén o Goberno local, como son o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), radio na biblioteca, biblioteca creativa, club de lectura e programa de voluntariado.
 
O colexio case duplicou o número de alumnos nos últimos anos, pasando de 39 en 2010 a case 70 no curso actual.
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober