O Concello de Sober presenta as actividades para o sábado día 14 de febreiro, cando celebrará o día grande do Entroido e o XVIII Baile da Cachucha. Previamente, o 5 de febreiro celebrarán o xoves de Compadres e o 12 de febreiro o xoves de Comadres.
O sábado día 14 a festa empeza ás 17:00 horas co desfile de Entroido con saída desde a Praza do Concello. Por vez primeira haberá un premio á música en directo, que levarán aqueles que mellor canten ou toquen no transcurso do desfile. Tamén se poderán conceder accésits en cada unha das categorías.
Horarios
Ás 18:00 horas haberá música, inchables e xogos no pavillón polideportivo e ás 19:30 horas levarase a cabo o concurso de disfraces infantil. Ás 20:00 horas haberá unha degustación gratuíta de cachucha e viño para todos os asistentes.
Premios
Comparsas
Participación: 60 euros
1º Premio: 400 euros
2º Premio: 250 euros
3º Premio: 150 euros
4º Premio: 100 euros
Grupos
Participación: 30 euros
1º Premio: 120 euros
2º Premio: 100 euros
3º Premio: 90 euros
Individual e parellas
1º Premio: 80 euros
2º Premio: 60 euros
3º Premio: 50 euros
Concurso de disfraces infantil
Grupos
1º Premio: 80 euros
2º Premio: 60 euros
3º Premio: 50 euros
Parellas
1º Premio: 60 euros
2º Premio: 40 euros
3º Premio: 30 euros
Individual
1º Premio: 40 euros
2º Premio: 30 euros
3º Premio: 20 euros

Leave a Reply