O PRESIDENTE DA XUNTA REÚNESE CO ALCALDE DE SOBER PARA VALORAR PROXECTOS PARA O MUNICIPIO

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo onte unha reunión de traballo co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, para abordar distintos proxectos de interese para o municipio e avaliar vías de colaboración entre ambas administracións.
Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente cos máis pequenos, achegando financiamento para obras e dotacións que lles permitan prestar servizos públicos de calidade e que contribúan ao benestar dos veciños e veciñas.

O rexedor aproveitou a ocasión para convidar ao xefe do Executivo galego a asistir á XLVI Feira do Viño de Amandi, que se celebra na localidade o vindeiro mes de marzo, unha cita que servirá para seguir impulsando a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.
O rexedor entregoulle como agasallo ao presidente unha peza de Gundivós.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *