SOBER AMPLIA E RENOVA OS CONTENEDORES DE RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO. Para dar un mellor servizo a veciñanza, o Concello de Sober acaba de renovar o contenedor que habia para a recollida de aceite de cociña usado e de instalar un novo punto de recollida. Os novos depósitos son mais comodos para os usuarios xa que neles deberán depositar en botellas de plástico cerradas o aceite vexetal usado xerado nos seus fogares. poden depositarse os aceites no interior da propia botella. Os contenedores están instalados na renovada Praza do Toural e na Praza do Concello. Os novos contenedores, ademáis de estar adaptados para ser utilizados por personas con discapacidade, están especialmente deiseñados para impedir a extracción de residuos, evitando así derrames indeseados. Asimesmo, son metálicos no seu interior, o que asegura que sexan ignífugos, atopanse anclados ao chan para evitar danos por cortes ou similares. Ao mesmo tempo, nos establecementos de hostelería do concello estase a facer unha recollida domiciliaria do aceite usado. O Concello de Sober dispon de recollida de aceite de cociña usado dende o ano 2008, e dende esa data estiveron recollendose aproximadamente 350 litros de aceite anuais, que supuxeron nestas catro anos non haber contaminado un total de 1.500.000 litros de auga. Sober, 18 de Xullo de 2012
