SOBER ACOLLE ESTE VENRES UN CONCERTO DO CICLO MUSICAS AO CRARO DE LUA
Organizado por Xuventudes Musicais de Sober e coa colaboración do Concello de Sober e A Bodeguilla de Marce, este venres día 17 de Agosto as 10 e media da noite na Praza do Toural actuará ROGER DE FLOR E LOS SILVESTRES, nun concerto que se enmarca no Ciclo MUSICAS AO CRARO DE LUA. O concertó será de carácter gratuito.
ROGER DE FLOR: Logo de participar nunha infinidade de proxectos na súa carreira como o grupo de rock´n´roll ferrolán Bang 74 ou o
dúo "La Sociedad Protectora del Hombre Mono", no que homenaxeaba xunto a Cris Veiga o sublime repertorio de The Kinks, De Flor enceta a súa andaina en solitario a principios do 2007 coa
presentación da súa primeira maqueta "Canciones de amor y retranca". Tras ter percorrido boa parte de Galicia presentando
o seu primeiro traballo, con gran acollida de crítica e público, retírase temporalmente dos directos para participar na
gravación de varios videoclips, entre eles, o da canción "Os dous amigos", segunda finalista no concurso "A polo
ghit", organizado pola Radio Galega e o portal cibernético Vieiros, e na composición e posterior gravación das súas novas creacións, incluídas no disco "Naturalidad Silvestre", no que se poden atopar estilos como o swing, pop, country, balada, sempre co toque persoal e humorístico que De Flor imprime as súas cancións que navegan no ronsel dun Burt Bacharach, un Ray Davies ou unhas Vainica Doble.
O citado disco levouno a presentalo polas capitais e outros lugares da xeografía galega, Portugal, Madrid, País Vasco, León, etc….
Ao longo do 2010 levou a cabo a xira de presentación do documental que protagoniza, “Roger de Flor:Naturalidad Silvestre”, xunto a outros artistas do panorama musical galego, como Magín Blanco, O Neno Elliot ou O Marqués das Viñas, no que coa excusa de facer un seguimento da xira do seu derradeiro disco, inténtase coñecer a situación actual de tantos artistas de locais de pequeño aforo en Galicia, e profundizar nas motivacións deste creador bohemio, autodidacta e independente. Dita xira levouno a actuar no Festival de Cine de Ourense e no Festival de Cans, entre outros puntos da xeografía galega. Este traballo está nominado na actualidade aos premios Mestre Mateo do audiovisual galego (abril 2011).
Actualmente ultima a xira de presentación do que será o seu tercer traballo, con título por confirmar, e que incluirá doce novas cancións, ademáis da realización dun videoclip promocional do seu primer sinxelo, “Voy a cambiar de vida”, o séptimo na súa carrera. Ambos traballos presentaraos a mediados do 2011.
