|
Durante o mes de setembro, a carpa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado visita varios concellos galegos entre eles Sober. En cada concello ofrecerase información e asesoramento sobre os recursos e os programas para a xuventude: Iniciativa Xove, a liña de axudas para a obtención do carné de conducir, voluntariado xuvenil e ambiental, os programas de mobilidade xuvenil, os distintos carnés de desconto para a mocidade as prestacións do servizo Quérote +, os proxectos de cooperación tranfronteirizos Galicia – Norte de Portugal, ente outros. A carpa informativa, instalarase na Praza do Toural as 11,00 da noite. Os outros concellos galegos que visitará a carpa son: Cambre, Pontedeume, Sobrado dos Monxes, Santiago, Vigo, Lalín, A Coruña, e Valga. |
|
|
