SOBER E O PRIMEIRO CONCELLO DA COMARCA QUE SE DECLARA LOCALIDADE SOLIDARIA CO ALZHEIMER

  • Home
  • Novas
  • SOBER E O PRIMEIRO CONCELLO DA COMARCA QUE SE DECLARA LOCALIDADE SOLIDARIA CO ALZHEIMER

SOBER E O PRIMEIRO CONCELLO DA COMARCA QUE SE DECLARA LOCALIDADE SOLIDARIA CO ALZHEIMER
 
O Pleno Municipal de Sober, na sua sesión ordinaria do pasado xoves acordou aceptar a proposta da Federación de Asociacions Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (Fagal), polo que o concello se declara  "Localidade Solidaria co Alzheimer", aproveitando a conmemoración, neste 2012, do Ano Galego do Alzheimer e do Día Mundial do Alzheimer, que se celebrou o pasado 21 de septembro. Esta declaración responde  "a  necesidade de recoñecer, por parte de todos os sectores da sociedade –neste caso a que corresponde a política local- unha realidade tan dura como e a do Alzheimer”.
Con esta Declaración, o Concello de Sober como "Localidade Solidaria co Alzheimer" apoiará a iniciativa liderada pola Alianza polo Alzheimer, que reivindica a puesta en marcha dunha política de estado de Alzheimer. Amáis, pretendese con este xesto "servir de exemplo a outros concellos e apoiar a sensibilización e concienciación da sociedade, institucions e cargos públicos sobre este problema sociosanitario de primeira magnitude".
A proposta foi apoiada por unhanimidade e asi Sober e o primeior concello da comarca en apoiar esta iniciativa.
Dende o concello de Sober, xa se contactou coa asociación monfortina AFAMON, comunicando o acordó plenario.
Outros asuntos tratados no pleno foron a declaración de festivos locais para 2012, que serán o 9 de Setembro luns da Romeria de Cadeiras e o 16 de Setembro tamen luns das festas de Sober.
No pleno ordinario aprobaronse as modificacións das ordenanzas fiscais de auga, alcantarillado e  axuda a domcilio  e creouse unha nova taxa  de ocupación de dominio publico con mesas, cadeiras e elementos análogos.

Sober, 28 de Setembro de2012
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober