Un “Aula de Concienciación en Reciclaxe”, coordinado pola empresa lucense ANCARIA, visitará éste martes 2 de outubro Sober; a carpa informativa instalarase na Praza do Concello. O obxetivo principal é unha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva a a reciclaxe.
Instalarase unha carpa de 80 metros cadrados, perfectamente ambientada para a ocasión, e na que se integrará un aula didáctica onde o monitor especializado impartirá unha “sesión teórica” á que seguirá unha aplicación práctica e un exame posterior dos coñecementos adquiridos. Esta carpa será o núcleo central das accións encamiñadas aos adultos.
O obxectivo prantexado por Ancaria SL para os concellos que, segundo datos proporcionados desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Ecoembes, estén na porcentaxe de impropios do 30-35 %, é acadar a diminución da porcentaxe de ditos impropios e aumentar a recollida selectiva axeitada dos mesmos.
O que se pretende desde Ancaria SL co prantexamento deste programa de actividades é acadar a concienciación e implicación do cidadán na correcta separación do lixo, utilizando as ferramentas de sensibilización axeitadas.
O cidadán debe así percibir a problemática dos impropios, e as dificultades que se xeneran cando a separación de residuos non é a correcta. De xeito que a sociedade comece a asimilar que é necesario levar a cabo un cambio de actitude e de hábitos na reciclaxe e na reutilización de residuos.
Os horarios da carpa que se instalará na Praza do concello seran de 12:00 a 14:00 e pola tarde de 16:30 a 20:00.
Sober, 01/10/2012
