Biblioteca Municipal. A Biblioteca Municipal do Concello de Sober inicia este venres o programa de animación á lectura ‘Merendas con contos’ dirixido a todos os nenos e nenas do municipio. Ás 17:00 horas a Biblioteca municipal acolle a presentación do Proxecto Rato de biblioteca. Os nenos e nenas axudarán a buscar un espazo entre os libros no que os roedores Rita e Antón poidan facer o seu fogar. Ademais lerase o conto Nubes de Arnol Lobel. Por último, haberá un obradoiro de creación baixo o título “facemos un caixón de xastre” no que todos os nenos e nenas decorarán unha caixa co seu nome na que poder introducir o seu traballo ao longo dos meses que duran as ‘Merendas con contos’.
Refoxo.Os lugares de Telleiros e Vilamaior, na parroquia de Refoxo, celebran as Festas na honra da Virxe do Rosario, nas que colabora o Concello de Sober. Haberá unha pancentada ás 20:30 horas e a actuación do grupo Banoneon a partir das 21:00 horas. O sábado haberá unha Misa con Procesión a mediodía e un baile de tarde-noite que correrá a cargo dos grupos Fin de Siglo e Eclipse.
