O Concello de Sober colabora coas festas de Canabal que se celebran esta fin de semana na honra da Virxe do Rosario. O primeiro dos días, venres 12, haberá unha pancetada e chocolatada gratuítas amenizadas polo grupo Dúo Musical.
O sábado 13 celebrarase unha Misa solemne con procesión ás 13:15 horas. A continuación terá lugar a sesión vermout coa Orquestra Musicalia. Xa pola tarde, á partir das 8, os encargados de animar a festa serán a orquestra Musicalia e o Dúo Musical.
O último día de festexo, o domingo 14, haberá de novo unha Misa con procesión ás 13:15 horas e tamén sesión vermut a cargo da Orquestra Stereo, protagonista tamén do baile da tarde-noite.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas a achegarse a Canabal durante a fin de semana e participar nas festas.
