O CONCELLO DE SOBER DÁ O SALTO ÁS REDES SOCIAIS FACEBOOK E TWITTER PARA GAÑAR PRESENZA NA INTERNET E ESTAR MÁIS PRETO DOS CIDADÁNS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER DÁ O SALTO ÁS REDES SOCIAIS FACEBOOK E TWITTER PARA GAÑAR PRESENZA NA INTERNET E ESTAR MÁIS PRETO DOS CIDADÁNS

O Concello de Sober puxo en marcha a pasada semana dous perfís institucionais nas redes sociais Facebook e Twitter co propósito de gañar presenza na Internet e tamén estar máis preto dos cidadáns, tanto daqueles que sexan da localidade, como de todos os que se atopen fóra ou os que teñan interese en coñecela.
 
Desde a posta en marcha do perfil institucional do Concello de Sober en Facebook, hai só unha semana, xa son máis de 500 persoas as que seguen as actividades a informacións que diariamente o Goberno local publica na rede.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, destaca a posibilidades que ofrecen as redes sociais para recibir propostas e suxestións dos cidadáns  “sen a necesidade de ter que achegarse ata o Concello”. Unha fórmula rápida e cómoda a través da Internet que xa poden empregar todos aqueles que teñan dúbidas ou precisen aclaracións sobre o municipio ou a actividade institucional.
 
Ademais de gañar presenza na provincia, o Concello de Sober pretende dispor dun novo escaparate na Rede no que dar a coñecer todas as actividades e tesouros dos que dispón o municipio a nivel gastronómico, turístico ou cultural, entre outros. “Unha fiestra aberta ao mundo que fará que Sober sexa máis coñecido por todos”, explica o alcalde, quen anima aos internautas a achegarse ao Concello de Sober a través das redes sociais.
 
O perfil de acceso en facebook é http://www.facebook.com/concello.desober, mentes que o do Twitter é https://twitter.com/ConcellodeSober .  
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober