O Concello de Sober colabora co actor -orixinario de Quiroga- Alberte Montes, que o vindeiro domingo 14 de outubro presenta o seu monólogo teatral Albertadas, historias, anécdotas e outras parvadas. A actuación terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Sober e terá un prezo de 3 euros.
Alberte Montes é un galego afincado en Barcelona, actor de gran proxección, con experiencia en cinema, teatro e televisión. Ten participado en varias curtametraxes e espectáculos teatrais en Cataluña e tamén ten sido colaborador da productora El Terrat de Buenafuente.
Recoñece que o seu estilo é “teatral, disparatado e moi retranqueiro”. Os seus monólogos céntranse en contar anécdotas da súa vida e “ilustrar a idiosincrasia galaica”.
