A BIBLIOTECA DO CONCELLO DE SOBER CONTINÚA MAÑÁ VENRES AS ‘MERENDAS CON CONTOS’

  • Home
  • Novas
  • A BIBLIOTECA DO CONCELLO DE SOBER CONTINÚA MAÑÁ VENRES AS ‘MERENDAS CON CONTOS’

A Biblioteca Municipal do Concello de Sober prosegue mañá venres día 19 de outubro co programa de animación á lectura Merendas con contos dirixido a todos os nenos e nenas do municipio. As actividades programadas para este mes inclúen a celebración do Día Internacional da Biblioteca que se desenvolverá o último venres de outubro.
 
Actividades para mañá
Todos os nenos e nenas que participen nas Merendas con Contos de mañá desenvolverán un obradoiro de land-art baixo o nome Dámoslle a benvida ao outono. Os máis novos serán os encargados de crear un mural con elementos propios desta estación. Ademais, lerase o volume Iago no outono de Liesbet Slegers.
 
Venres 26
O último venres do mes de outubro celebrarase o Día Internacional da Biblioteca, que se conmemorará cunha xornada de portas abertas e coa lectura do libro Os Bolechas queren saber cómo é a biblioteca, do autor Pepe Carreiro.
 
Con esta iniciativa o Concello de Sober pretende facer da lectura un vehículo de enriquecemento e aproveitamento persoal, polo que a Biblioteca se converte nun espazo de encontro e intercambio tanto para os máis novos como para os adultos. As actividades realizaranse todos os venres dende outubro e ata o mes de xuño, entre as 17 e as 18:30 horas. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober