O ALCALDE DE SOBER COMPROMÉTESE COA MELLORA DOS ACCESOS AO MIRADOIRO DA CIVIDADE E A SÚA SINALIZACIÓN

  • Home
  • Novas
  • O ALCALDE DE SOBER COMPROMÉTESE COA MELLORA DOS ACCESOS AO MIRADOIRO DA CIVIDADE E A SÚA SINALIZACIÓN

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, participou hoxe na recepción oficial das obras de remodelación do Miradoiro da Cividade (Cotarro I), na parroquia de Bolmente. O rexedor comprometeuse coa mellora dos accesos ao miradoiro “agora que a vía deixará de presentar tráfico pesado de camións”, indicou. Así mesmo, Fernández Guitián avanzou que se traballará para perfeccionar a sinalización e facilitar a chegada á plataforma a todos os que visiten a zona.
 
A obra, financiada pola Secretaría Xeral para o Turismo, contou cun orzamento total de execución de 113.059 euros. No acto de recepción estiveron presentes o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a xefa de servizo da Xefatura Territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez Fernández. 
 
Fernández Guitián agradece o apoio do Goberno galego na remodelación do miradoiro e agarda que se converta “nun importante reclamo para os visitantes que se acheguen a Sober”.  
 
Características da actuación
As obras executadas tiveron como obxectivo a reforma e ampliación do miradoiro do Canón do Sil, creando unha estrutura voada orixinal sobre a xa existente, para poder gozar dun contorno destacado turísticamente. O miradoiro preexistente foi substituído por unha plataforma de madeira e aceiro cortén deseñada con criterio escultórico. A instalación está realizada de xeito que permita apreciar mellor as sensacións visuais e sonoras que caracterizan a paisaxe da Ribeira Sacra.
 
O tramo horizontal do miradoiro ten unha lonxitude de 33 metros e unha anchura de 7 metros. Os primeiros 8 metros aséntanse sobre un terraplenado de pedra, a partir diso o miradoiro vai collendo altura sobre o terreo ata acadar unha elevación de 4 metros sobre o miradoiro preexistente. Construíuse unha pasarela con entaboado de madeira, creando un acceso acorde ao conxunto para que sobre esta estructura se poida apreciar a contorna clara e permita ao usuario sentirse integrado no medio.
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *