O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN DAS XORNADAS MICOLÓXICAS PROMOVIDAS POLA AGRUPACIÓN PINGADOURO

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COA CELEBRACIÓN DAS XORNADAS MICOLÓXICAS PROMOVIDAS POLA AGRUPACIÓN PINGADOURO

O Concello de Sober colabora coa Asociación Micolóxica Pingadouro na celebración das súas Xornadas Micolóxicas que se desenvolverán na localidade lucense entre o 9 e o 10 de novembro. O programa da Asociación, da que é presidente o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, inclúe dúas conferencias, a saída ao campo e a identificación e degustación de cogomelos.
 
Actividade para o venres
O venres ás 12:15 horas no Colexio Virxe do Carme de Sober Alfonso Rey Pazos, da agrupación A Zarrota de Vigo, pronunciará unha conferencia baixo o título As setas: medio ambiente e ecoloxía.  
 
Sábado 10
O día 10 farase unha saída ao campo pola mañá. Ás 19:30 horas levarase a cabo unha identificación das setas máis frecuentes no Centro Sociocultural. Ás 20:00 horas haberá unha nova conferencia de Alfonso Rey Pazos sobre Conceptos básicos de micoloxía. Para rematar as xornadas, ás 20:45 horas será a quenda da degustación de cogomelos.
 
O Concello de Sober anima a todos os veciños e veciñas a participar nas Xornadas Micolóxicas de cara a obter máis información sobre as setas, a súa diferenciación e o seu consumo.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *