O CONCELLO DE SOBER AVALÍA O FUNCIONAMENTO DO I PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER AVALÍA O FUNCIONAMENTO DO I PLAN DE IGUALDADE MUNICIPAL

O Concello de Sober está realizando na actualidade a avaliación do I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes, o PIOM, vixente entre os anos 2008 e 2011. Este estudo do Plan é posible grazas á colaboración da empresa OBZ Consulting, así como ao financiamento do Fondo Social Europeo é a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade.

A avaliación do PIOM é a fase previa para a elaboración dun II Plan de Igualdade en Sober, tendo como finalidade valorar as accións recollidas no documento e a súa consecución, así como a resposta obtida por parte da poboación co propósito de poder continuar ou corrixir as medidas que foran precisas.

Unha vez remate a avaliación do I Plan de Igualdade o Concello de Sober poderá sentar as bases dun II PIOM que sirva como continuación do fomento e promoción da igualdade entre mulleres e homes. O texto fará fincapé na importancia e necesidade de equiparar as funcións e tarefas que as mulleres e os homes desenvolven diariamente.

O Plan de Igualdade pretendeu recoller as inquedanzas da poboación local de cara a planificar actuacións transversais en materia de igualdade, estendéndose a todos os ámbitos (educativo, laboral, sanitario, etc.) acordes coa realidade do municipio. A posta en práctica das actuacións que nel se recollen ten un enfoque global e participativo, a través da colaboración de diferentes axentes sociais e, en xeral, da poboación de Sober.

O I Plan de igualdade de oportunidade entre homes e mulleres 2008-2011 posto en marcha no Concello de Sober centrouse en sete áreas de traballo sobre as que se elaboraron propostas específicas. Foron a área de concienciación, sensibilización e política, a área social, a área de educación, cultura, deporte e ocio, a área de formación e emprego, a área de participación e asociacionismo, a área de saúde e benestar e a área de prevención e eliminación da violencia de xénero.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *