O Concello de Sober colabora coa Asociación de Mulleres Rurais nas actividades que deron comezo esta mesma semana con dous talleres, un deles de bordados e outro de manualidades. Ademais das asociadas, poden anotarse todas aquelas mulleres interesadas nas actividades a través da directiva da asociación ou nos propios talleres.
Os talleres desenvolveranse durante tres semanas seguidas e volverán a retomarse despois das festas de Nadal, no mes de xaneiro e ata abril. As clases de bordados son os martes de 18:00 horas a 20:00 horas e as de manualidades os mércores en tres quendas, entre as 16:00 horas e as 22:00 horas.
Polo de agora o taller de bordados conta con 12 inscritas, mentres que ao de manualidades se teñen anotado 36 mulleres. Todas aquelas que queiran participar e non sexan socias terán que aboar unha cota de 6 euros. Ambas as actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural do Concello de Sober.

Leave a Reply