O CONCELLO COLABORA COAS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER NO PRIMEIRO CONCERTO DO CICLO ‘MÚSICA NO OUTONO’

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO COLABORA COAS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER NO PRIMEIRO CONCERTO DO CICLO ‘MÚSICA NO OUTONO’

O Concello de Sober prosegue esta fin de semana a súa programación sociocultural co ciclo ‘Música no Outono’ que mañá sábado terá como protagonista ao concertista Marcos Puña, quen ofrecerá unha actuación de guitarra ás 19:00 horas na Igrexa Parroquial de Millán. O Concello colabora coas Xuventudes Musicais de Sober nas actividades programadas ata finais de ano.
 
Xuventudes Musicais de Sober é a única entidade en Galicia de Xuventudes Musicais de España. Ao longo do ano organiza un mínimo de dous ciclos de concertos, como son a Primavera Musical e o Música no Outono. Desde hai dous anos naceu a iniciativa de achegar os concertos ás parroquias do Concello para que todos os veciños e veciñas poidan disfrutar da programación musical. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que se trata de concertos “con músicos dun extraordinario nivel e gañadores de concursos internacionais moi importantes”.
 
Programación para decembro
Xa no mes de decembro, o sábado 15, as Xuventudes Musicais programaron un concerto de cuarteto de corda a cargo de Et Arsis ás 19:00 horas no Centro Sociocultural. Para pechar o ano, a Escola Municipal de Música organizará o Festival de Nadal.
 
Perfil de Marcos Puña
Nacido en Oruro (Bolivia) en 1977, Marcos Puña ven construíndo unha sólida carreira internacional; gañador do Certame Internacional de Guitarra “Miguel Llobet” de Barcelona (2011), primeiro premio que se suma aos de Zarautz (2007), César Cortinas (Uruguay, 2003), Juventudes Musicales (Uruguay, 1996) ou Tarija (Bolivia, 1994).
 
Ata agora ten feito concertos en Bolivia, Venezuela, Colombia, Chile, Perú, Arxentina, Paraguay, Uruguay, Brasil, Panamá, Inglaterra, Estados Unidos, España, Alemania e Austria, sendo amais solista da Sinfónica Nacional de Bolivia, Sinfónica Nacional de Panamá, Filarmónica Cochabamba, Sinfónica Cochabamba, Camerata Concertante, Orquestra de Cámara de Montevideo ou cuarteto "Glinka" de Barcelona, entre outros.
 
Fixo a súa primeira gravación “Marcos Puña, Guitarra” en 1995; ten editados outros catro CDs: "Concierto Español” (1998), “Paseo Sudamericano” (2004), “En Vivo” (2005), gravado nun exitoso concerto en Montevideo, ou o último CD "Bolivia".
 
Os seus primeiros pasos foron en Bolivia. Aos 18 años trasladase a Uruguay para estudiar con Mario Payssé no Conservatorio Municipal de Música de Montevideo, onde se gradúa como Profesor  de Guitarra. Foi discípulo dos mestres Abel Carlevaro i Eduardo Fernández. Tamén estudou con Eduardo Isaac (en Arxentina), Eduardo Baranzano (en España) e conta ademais con dous postgraos realizados no Conservatorio do Liceo de Barcelona, cos mestres Guillem Pérez-Quer (guitarra clásica) e Manuel Granados (guitarra flamenca). Tamén obtivo becas da Fundación Schwimmer e Fundación Carolina.
 
Moi activo no ensino, hoxe dá clase no “Conservatorio Nacional de Música” en La Paz, onde é director da Orquestra dende 2006. Marcos é tamén autor do libro "La evolución de la Técnica Guitarrística" que describe os aportes dos grandes mestres do S. XX. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *