O CONCELLO DE SOBER ASINA UN CONVENIO COA XEFATURA DE TRÁFICO PARA O INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN E A MUTUA COLABORACIÓN ADMINISTRATIVA

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER ASINA UN CONVENIO COA XEFATURA DE TRÁFICO PARA O INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN E A MUTUA COLABORACIÓN ADMINISTRATIVA

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero, asinaron esta mañá un protocolo de adhesión ao convenio subscrito entre o organismo autónomo Jefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) para o intercambio de información e a mutua colaboración administrativa, asinado en Madrid o 15 de marzo de 2006.

Tal e como recolle o convenio, o Concello de Sober comprométese a tramitar o cambio de domicilio dos permisos de conducción e circulación a través da remisión das solicitudes á Unidade provincial de Tráfico cunha periodicidade de quince días. Para poder levar a cabo o trámite é preciso que os interesados autoricen ao Concello a comunicar o cambio.

Ambas as partes apostan polo uso de medios telemáticos para realizar as notificacións, como arquivos dixitais ou correo electrónico, de cara a axilizar a execución do trámite solicitado.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *