DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE SOBER NO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

  • Home
  • Novas
  • DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE SOBER NO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro converteuse nun día de reflexión e sensibilización para expresar o rexeitamento máis profundo a todo tipo de violencia contra as mulleres.

A violencia de xénero debe ser considerada como un problema público e social de primeira magnitude.

Representa un ataque ao dereito á vida, á integridade física, ao libre desenvolvemento da personalidade, á liberdade, á seguridade, e á non discriminación, tal como xa proclama a nosa Constitución e o noso Estatuto.

Todos os poderes públicos teñen a obriga de adoptar as medidas necesarias para facer reais e efectivos estes dereitos.
Mentres siga existindo un só caso de violencia de xénero non viviremos nin gozaremos dunha sociedade que poida vivir libre e en igualdade real entre mulleres e homes.
 
Estamos convencidos que a erradicación da violencia de xénero pasa por un proceso de maior concienciación social e de educación.

A conquista real da igualdade, do respecto á dignidade humana e da liberdade das persoas, ten que ser un obxectivo prioritario das políticas públicas, polo que é fundamental levar a cabo, dende todas as Administracións, actuacións  transversais que incidan na mellora da igualdade de oportunidades a todos os niveis.

Por todo o anterior, o Concello de SOBER manifesta a súa intención de adhesión á  Rede de entidades locais en contra da violencia de xénero, acción promovida polo Goberno galego e a FEGAMP, xa que esta Rede se configurará como un instrumento que permita conseguir o rexeitamento social e institucional  da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *