O CONCELLO DE SOBER INICIA AS OBRAS DO PEIM DE REXENERACIÓN DE ACCESOS E MELLORA DE VARIAS ESTRADAS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER INICIA AS OBRAS DO PEIM DE REXENERACIÓN DE ACCESOS E MELLORA DE VARIAS ESTRADAS

O Concello de Sober iniciou esta mesma mañá as obras do Programa Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural (PEIM) financiadas pola Xunta de Galicia e destinadas á rexeneración de accesos e melloras de varias estradas. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que se acometerán actuacións de rexeneración de accesos a Ceceda e a Cima de Vila, en Brosmos. Tamén se rexenerará a estrada de Vilapedre por Campoverde ao Fervedón e mellorarase a estrada de Gundivós a Neiras.
 
O rexedor de Sober expón que nos últimos días se limparon as cunetas de Neiras a Gundivós, uns traballos que o mal tempo obrigou a pospor. Agora a empresa encargada das obras está pendente de botar tres capas de rodadura, unha actuación que acometerá sempre que o tempo o permita para que o selado da vía quede en condicións óptimas.
 
Os traballos na zona de Gundivós a Doade inclúen ademais, en aproveitamento da presenza das máquinas, o rebacheo do camiño de acceso a Francos, así como a Vilar de Mouros e o Canabal.
 
Pleno ordinario
O Concello de Sober celebra esta tarde ás 19:00 horas un Pleno ordinario no que aprobará un regulamento de uso do Centro Sociocultural e do ximansio municipal. Tamén está prevista a renuncia da acta de concelleiro de Alfonso Campos, do BNG.
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *