OS NENOS E NENAS DO CONCELLO DE SOBER RECIBEN MAÑÁ A VISITA DOS REIS MAGOS AOS QUE PODERÁN PEDIR OS SEUS AGASALLOS

  • Home
  • Novas
  • OS NENOS E NENAS DO CONCELLO DE SOBER RECIBEN MAÑÁ A VISITA DOS REIS MAGOS AOS QUE PODERÁN PEDIR OS SEUS AGASALLOS

Os Reis Magos de Oriente visitan mañá, mércores 19 de decembro, o Punto de Atención á Infancia e o Colexio Virxe do Carme (ás 12:00 horas) onde atenderán de maneira individualizada a todos os nenos e nenas de Sober para que poidan pedir os seus agasallos. Posteriormente, o día 4 de xaneiros, Melchor, Gaspar e Baltasar, volverán de novo a Sober para facer entrega aos máis pequenos do Concello das súas peticións.
 
O Concello de Sober benefíciase desta actividade grazas á posta en marcha do ciclo Lingua de Reis organizado pola Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco da programación de actividades de difusión do galego para o ano 2012. O acto englóbase nas accións recollidas no programa Nadal en Rede aprobado pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
 
Lingua de Reis levará os tres Magos de Oriente a nove escolas de titularidade da consellería de Educación localizadas noutros tantos concellos pertencentes á RDL. Melchor, Gaspar e Baltasar visitaran ademais do CEIP de Sober outros 8 colexios de Galicia, en cuxos encontros os pequenos e as pequenas poderán comprobar de primeira man que a lingua propia da Comunidade é tamén Lingua de Reis, polo que os convidarán a escribir as súas misivas deste Nadal en galego.
 
O Colexio de Sober será o único da comarca que reciba a visita dos Reis Magos neste ciclo de Lingua de Reis.
 
 
Visita á Residencia da Terceira Idade
No marco das actividades organizadas polo Concello de Sober para este Nadal atópase a visita mañá mércores ás 17:00 horas dos membros do Club de Lectura Pintor de Castinande á Residencia da Terceira Idade municipal onde está previsto que reciten e lean panxoliñas que axuden a animar estas datas aos traballadores e residentes do centro.
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *