O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DO SAN AMARO QUE ESTA FIN DE SEMANA CELEBRA A PARROQUIA DE PROENDOS

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS DO SAN AMARO QUE ESTA FIN DE SEMANA CELEBRA A PARROQUIA DE PROENDOS

O Concello de Sober colabora esta fin de semana coas festas da parroquia de Proendos na honra de San Amaro. O sábado día 12 a Banda de Música de Sober ofrecerá un pasarrúas no que tamén se botarán bombas de palenque. Ás 13,15 horas será a quenda da Misa Solemne na honra ao Santo e a continuación farase a procesión acompañada pola Banda de Música de Sober.
 
Pola tarde-noite haberá unha gran festa verbena coa Orquestra Los Españoles.
 
O domingo 13 pola mañá botaranse bombas de palenque e haberá un novo pasarrúas por toda a parroquia a cargo da Banda de Música de Sober. Ás 13,15 horas Misa Solemne cantada polo dúo formado por Nemesio Gutiérrez e Ángela Casado. Ambos os dous ofrecerán un concerto no interior da Igrexa ao finalizar os actos relixiosos. Á saída da misa a Banda de Música de Sober animará a sesión vermú. Para finalizar a festa terá lugar unha actuación de tarde a cargo do dúo Bandoneón.
 
O Concello de Sober invita a todos os cidadáns a participar na festa. 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober