A XUNTA TRASLADA A SÚA COLABORACIÓN PARA QUE O PLAN XERAL DE SOBER SEXA UNHA REALIDADE NO PRAZO MÁIS BREVE POSIBLE

  • Home
  • Novas
  • A XUNTA TRASLADA A SÚA COLABORACIÓN PARA QUE O PLAN XERAL DE SOBER SEXA UNHA REALIDADE NO PRAZO MÁIS BREVE POSIBLE

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas Díaz, trasladoulle ao alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a colaboración do seu departamento para que este concello da provincia de Lugo poida acadar a aprobación definitiva ao seu plan xeral de ordenación municipal. Así llo manifestou no decurso dunha reunión que a representante da Consellería de Medio Ambiente mantivo co rexedor municipal.

Rivas Díaz sinalou que esta aprobación está hoxe máis preto, xa que os técnicos de Urbanismo acaban de informar, despois de analizar a documentación presentada en decembro de 2012, que a parte pendente de aprobación definitiva do plan xeral conta con informe favorable e que está recollido nos termos que marca a Lei do Solo.

En febreiro de 2010 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio resolveu non aprobar a proposta chegada no documento respecto ao solo urbanizable proposto, así como ao solo rústico suxeito a algún tipo de protección, en especial ao solo rústico de espazos naturais en parte do espazo natural 1 (Cañón do) Sil das normas complementarias e subsidiarias de planeamento da provincia de Lugo.

A secretaria de Urbanismo reiteroulle a colaboración da sección de Urbanismo da Xunta para superar este paso fundamental no menor prazo e sumarse deste xeito ao grupo dos 65 concellos que na actualidade contan con plan de ordenación aprobado.

Ademais da colaboración técnica, a Xunta tamén apoia o desenvolvemento deste proxecto urbanístico cunha axuda económica de máis de 80.0000 euros.

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober