O CONCELLO DE SOBER PON Á DISPOSICIÓN DOS CIDADÁNS UN AXENTE FORESTAL QUE LLES AXUDARÁ CON AQUELES TRÁMITES QUE DEMANDEN

  • Home
  • Novas
  • O CONCELLO DE SOBER PON Á DISPOSICIÓN DOS CIDADÁNS UN AXENTE FORESTAL QUE LLES AXUDARÁ CON AQUELES TRÁMITES QUE DEMANDEN

A partir do próximo 30 de xaneiro o Concello de Sober pon a disposición de todos os cidadáns a colaboración dun axente forestal que lles axudará con aqueles trámites que demanden, relacionados coa protección de asentamento no medio rural, regularización de plantacións ou sobre a Lei de prevención de incendios, entre outros. Ademais, poderán tramitar permisos de corta de leña, permisos para levar a cabo queimas controladas ou denuncias por plantacións ilegais ou pola existencia de maleza lindeiro con edificios.
 
O axente forestal de zona atenderá aos veciños e veciñas de Sober nas oficinas municipais todos os mércores, desde o próximo día 30, e os días de feira laborais (12 e 28 de cada mes) en horario de 11:00 a 13:00 do mediodía.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que se trata dun servizo “moi importante e demandando polos veciños” e que evitará a necesidade de desprazarse á Oficina Agraria Comarcal de Monforte para resolver os trámites sinalados e aqueles outros nos que os soberinos poidan precisas axuda.
 
 
 
 

consultas@prodesin.com
http://www.prodesin.net/~sober